Manuel Mera. A paixón militante

Manuel Mera. A paixón militante. Lembranzas e reflexións dun dirixente nacionalista

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025369
ISBN:
978-84-8302-536-9
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

20,85 €

IVE incluído

Xan Leira (Buenos Aires, 1955), guionista, productor e director de cine e TV, recolle neste libro, que Xerais publica dentro da súa colección "Crónica", as lembranzas e reflexións de Manuel Mera, un dos  dirixentes nacionalistas máis influintes das tres últimas décadas. Un  longo diálogo aberto que aborda con fondura a peripecia vital, política e sindical de quen o actual presidente da Confederación Intersindical Galega (CIG): dende a recuperación da memoria da súa nenez na aldea natal de Seoane, no concello de Allariz á primeira viaxe, con só cinco anos, a Buenos Aires; dende a militancia na colectividade galega á militancia na esquerda arxentina; dende o retorno definitiva a Galicia ó nacemento de ERGA; dende a loita na clandestinidade á consolidación da UPG e do sindicalismo nacionalista.  Unha longa conversa que recolle tamén as opinións e reflexións políticas de Manuel Mera sobre a situación do nacionalismo e de Galicia na actualidade, abordando cuestións como a coordinación entre as forzas nacionalistas, as actuais relacións entre a CIG e o BNG, o papel da CG no novo marco laboral, a orientación futura da UPG, a configuración dun nacionalismo aberto, o papel da historia para manter  a identidade do pobo, as relacións estratéxicas de Galicia con outros  países, os fenómenos da globalización, e a necesidade dunha redefinición do Estado.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A viaxe de gagarín
    Titulo del libro
    A viaxe de gagarín
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterio...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

  • Heartstopper 5
    Titulo del libro
    Heartstopper 5
    Oseman, Alice
    Xerais
    O Nick e o Charlie están namorados. Por fin dixeron esa pequena palabra: «quérote», e o Charlie xa case con...
    Próximo lanzamento! Dispoñible dende o 16-10-2025
  • A cidade maldita
    Titulo del libro
    A cidade maldita
    Abella Chouciño, Xelucho
    Xerais
    O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visita-los castros e a contarlles a el e mailo ...
    No disponible

    8,80 €

  • Pegadas 3. Lingua. Educacion Primaria
    Titulo del libro
    Pegadas 3. Lingua. Educacion Primaria
    Lastra Muruais
    Xerais
    No disponible

    35,70 €

  • (04).TRASNOS MAXICOS 5 ANOS-1O.TRIMESTRE
    Titulo del libro
    (04).TRASNOS MAXICOS 5 ANOS-1O.TRIMESTRE
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    29,15 €