Marmeladas caseiras:80 receitas que saben ben

Marmeladas caseiras:80 receitas que saben ben

Editorial:
Baia
EAN:
9788499950433
Ano de edición:
Materia
GASTRONOM?A
ISBN:
978-84-9995-043-3
Páxinas:
160
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
COCIÑA

15,50 €

IVE incluído
Comprar

Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu  todo un reto para o ser humano; diso dependía poder eludir a cotiá tarefa de apañar ou cazar, permitindo gozar no inverno dos saborosos froitos de verán. Ao parecer, a primeira referencia escrita a unha marmelada aparece na Historia natural de Plinio (século I), onde se lle dedica algo máis que unha liña de texto nun tratado de dezasete tomos. Até finais do século XIV non atopamos consignada a referencia seguinte, nun libro titulado Le Menagier de Paris (Traité de morale et  d¿économie domestique, composé en 1393 par un bourgeois parisien) atopamos receitas de froitos como os marmelos, confeitados en mel. Hai que esperar ao século XIX para a gran difusión das marmeladas. Unha burguesía en pleno auxe imita o modo de alimentarse da aristocracia, aproveitando o progreso da agricultura, a dispoñibilidade de froitas boas e do abaratamento do azucre, até entón  un produto de luxo. Hoxe os andeis de calquera supermercado están cheos de marmeladas frecuentemente ateigadas de edulcorantes, conservantes e pectinas industriais, sen o aroma e a lixeira textura dunha confeitura feita na  casa. A preparación dunha boa marmelada leva implícita unha gran variedade de posibilidades, o goce da creatividade e a satisfacción de  poder ofrecer aos demais aquilo que un fixo coas súas mans. Un bote de marmelada é un delicado obsequio para un amigo que veña visitarnos ou unha familia que nos invitou a cear. Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan apreciarse. O Servizo de Normalización Lingüística informa do libro no seu espazo web. O xornal Galicia Confidencial fai eco da publicación de Marmeladas Caseiras.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Charles Darwin
    Titulo del libro
    Charles Darwin
    Gibbons, Alan
    Baia
    En 2009, celébrase o II Centenario do nacemento de Charles Darwin. Con  tal motivo, publicamos esta orixinal o...
    No disponible
  • O home lobo
    Titulo del libro
    O home lobo
    Lluch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible
  • MONTAÑAS
    Titulo del libro
    MONTAÑAS
    Hynes, Margaret
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    No disponible
  • AVES
    Titulo del libro
    AVES
    Davies, Nicola
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,65 €

  • Historia mundo contemporaneo 1ºbacharelato
    Titulo del libro
    Historia mundo contemporaneo 1ºbacharelato
    Alfeiran Rodriguez, Jose
    Baia
    O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto a...
    No disponible

    34,50 €