Maruxa

Maruxa

Editorial:
Oqo
EAN:
9788498714906
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9871-490-6
Páxinas:
28
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
250
Alto:
230
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

15,90 €

IVE incluído
Comprar

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.
 Maruxa cosía, varría e labraba.
 Benito cantaba, folgaba e durmía.
 Mais un día...
 
 Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
 
 
 Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestras sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.
 
 Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratos típicos de Polonia (unha especie de raviolis recheos de carne, verduras...) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle  faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal e carne... Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi por pan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar  a historia.
 
 
 As diferenzas coa canción non só se limitan ao alimento principal, senón tamén ao final da historia. Así, a reacción violenta que manifesta Pepiño nalgunha versión polaca cando a súa muller decide non  prepararlle finalmente a comida é substituída no álbum por unha actitude comprensiva e de empatía cara á muller, mantendo así o ton humorístico que caracteriza todo o relato.
 
 Da versión inicial, a autora decidiu manter e realzar: a idea orixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada e rimada, tan propia de contos e cantos da tradición oral. Este texto permite tamén ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a música de orixe.
 
 De igual modo, o álbum ilustrado ofrece a mesma anécdota argumental que a canción: a protagonista di que non poder facer o pan porque lle faltan todos os ingredientes (farina, auga, levadura e sal). Entón, decide pedirlle ao seu home que os vaia buscar, só que, a modo de escarmento aleccionador, vaillos pedindo un a un, co esforzo engadido que isto lle supón a Pepiño.
 El vai facendo, un a un todos os recados cada vez máis desmesurados como o de ir buscar sal ao mar, pero sempre se atopa con que volve faltar algo e ten que emprender unha nova e esforzada aventura para conseguilo.
 Cando por fin Maruxa ten todos os elementos, di, ironicamente, que está moi cansa e será a el a quen lle toque, tamén, amasar o pan. Deste xeito, a través do enxeño e do sentido do humor, consegue que Pepiño entenda, por experiencia propia, o inxusto da situación que viviran ata ese momento, e comprende que, tanto o traballo como o lecer, deben ser cousa de dous. Este é o verdadeiro transfondo da historia: o cambio de actitude de Pepiño respecto de Maruxa, que se evidencia e reforza a través do traballo da ilustradora portuguesa Mafalda Milhoes.
 
 A artista portuguesa revela esta evolución do personaxe nas gardas, cuberta, portadiña e páxina de créditos. Nelas, o lector atopa unha contextualización previa e posterior á acción do texto, que realmente se produce nun só día, tal e como indican as comidas (almorzo, xantar,  merenda e cea) e a luz das imaxes (que van desde a claridade propia do amencer, ata o azul escuro case negro do ceo cara o fin do día). 
 
 Deste xeito, nas gardas do inicio do álbum, pódese ver a unha Maruxa totalmente entregada ás tarefas do fogar, mentres que Pepiño, ocioso, non colabora en absoluto. Un comportamento que se transforma radicalmente nas gardas do final onde participa nos labores de casa e axuda a súa muller. Na contracuberta, os dous comen felizmente o pan, que aparece por primeira vez xa cociñado.
 
 As ilustracións de Mafalda Milhoes tamén aportan información crave dos  protagonistas. Ao caracterizalos con trazos hiperbólicos, descubrimos  con claridade cando están anoxados, tristes, tramando... De igual modo, non faltan nas páxinas deste álbum os detalles, tan característicos na artista lusa, que transportan o lector ao universo da cociña e a tamén a Polonia (muíños, paisaxes e barrios típicos do país polaco). Así como a presenza constante do canciño que os acompaña  todo o conto e que acaba sendo, dalgún modo, cómpl

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • CAJA DE CUENTOS
    Titulo del libro
    CAJA DE CUENTOS
    AA.VV
    Mtm
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,00 €

  • Detectiu Clatellot i tu 2. El cas de la fugida d'animals
    Titulo del libro
    Detectiu Clatellot i tu 2. El cas de la fugida d'animals
    Palmiola, Isaac
    Estrella polar
    Resol tots els misteris i converteix-te en detectiuUn misteriós personatge ha deixat una advertència: alliber...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • LA CARACOLA DE PLATA
    Titulo del libro
    LA CARACOLA DE PLATA
    Nº 32
    Banks, Rosie
    La galera
    <P style="LINE-HEIGHT: normal; MARGIN: 0cm 0cm 0pt; mso-layout-grid-align: none" class=MsoNormal&g...
    No disponible
  • ¿JUGAMOS AL ESCONDITE?
    Titulo del libro
    ¿JUGAMOS AL ESCONDITE?
    Kuzovkov, O.
    Hachette heroes
    Oso está tan feliz resolviendo sus crucigramas cuando llega Masha con ganas de jugar íal escondite! Como es i...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    5,00 €

  • MAGIC ELSA 2
    Titulo del libro
    MAGIC ELSA 2
    Umansky, Kaye
    Bruño
    La bruja Magenta necesita que Elsa la ayude a salvar su negocio: «M. Tormenta, conjuros en venta». Y eso no e...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,50 €

Oqo en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • LOS SIETE CABRITOS
    Titulo del libro
    LOS SIETE CABRITOS
    Alonso, Tareixa;Lima, Teresa
    Oqo
    Había una vez siete cabritos que vivían felices en una cabaña del bosque con su mamá; pero por los alrededo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,00 €

  • No hace falta la voz
    Titulo del libro
    No hace falta la voz
    Quintero, Armando
    Oqo
    El contacto físico como muestra de afecto es imprescindible para el desarrollo emocional de los pequeños: les...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,90 €

  • El mundo en los ojos
    Titulo del libro
    El mundo en los ojos
    Campari, Jose / Mulazzani, Simona
    Oqo
    El abuelo dice que los ojos son dos ventanas para asomarse al mundo. Yo me asomo y señalo cada cosa que v...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,00 €

  • Un gato na arbore
    Titulo del libro
    Un gato na arbore
    Albo, Pablo / Alibeu, Geraldine
    Oqo
    Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baix...
    No disponible

    14,00 €

  • Escargots
    Titulo del libro
    Escargots
    Quintero Laplume, Armando
    Oqo
    Cinq récit brefs qui sont en relation mais à la fois indépendants et qui parlent de thèmes abordables ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    45,00 €