Mercedes Tella Comas (1868-1934)

Mercedes Tella Comas (1868-1934). Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953861
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9995-386-1
Páxinas:
240
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Baía Ensaio

Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podían e debían estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, científica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres. Admiradora de Concepción Arenal, estreita colaboradora de Manuel Casás, de pensamento conservador e católico, non dubidou en defender valores progresistas en educación como a defensa da coeducación ou o papel que debían ter os libros e os xogos na educación da infancia, o que lle permitiu ser unha das más destacadas renovadoras da pedagoxía das Escolas Normais en Galicia no primeiro terzo do século XX. *** [...] Mercedes Tella Comas, da que só se publicaran até o momento breves perfís biográficos elaborados con datos fragmentarios, é unha das afortunadas coruñesas que Ana Romero Masiá elixiu para lle dedicar  todo o seu bo facer, toda a súa entrega e talento, coa finalidade de nos ofrecer esta máis que completa monografía. Tella saltou do século XIX ao XX, cunha bagaxe de coñecementos e experiencias pouco común nas  mulleres do seu tempo, e atravesou tres décadas do XX para se converter, xunto con outras compañeiras de oficio, nunha das artífices  das transformacións das Escolas Normais no primeiro terzo do século. Ao longo das páxinas deste sólido ensaio, a autora recupera a vida e obra dunha mestra que non foi anónima porque en vida gozou de gran recoñecemento público e faino de forma exhaustiva e documentada. Nada escapa á pescuda perseverante, á ollada atenta de Ana Romero, investigadora moi rigorosa, do que xa deu mostras na súa extensa bibliografía. Por cinxírmonos ás investigacións de xénero, aí están, por exemplo, os seus traballos sobre as cigarreiras coruñesas, as salgadeiras e conserveiras galegas, ou os dedicados á reconstrución biográfica de figuras senlleiras da nosa historia como María Barbeito:  unha vida ao servizo da escola e dos escolares (2014), ou os que fixo  en colaboración con Carlos Pereira sobre o asociacionismo feminino progresista da Coruña ou sobre Emilia Calé Torres. Saudamos con ledicia a aparición deste libro, que, para alén de reconstruír a inspiradora vida de Mercedes Tella, contén un interesante aparato gráfico e uns valiosos anexos (discursos, conferencias, crónicas xornalísticas sobre diferentes intervencións) que permiten coñecermos ben o seu pensamento. Un excelente contributo para ir completando a historia das mulleres galegas, que aínda ten bastantes páxinas en branco [...]. (do Limiar, Aurora Marco)

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • GALICIA 2O.BACHARELATO (ED.BAHIA)
    Titulo del libro
    GALICIA 2O.BACHARELATO (ED.BAHIA)
    Romero Masiá, Ana
    Baia
    Este libro está organizado en catro grandes áreas: o medio físico, a etnografía, o territorio e os símbolo...
    No disponible

    25,00 €

  • Ciencias sociais 3 ESO
    Titulo del libro
    Ciencias sociais 3 ESO
    Brea Pedreira, Ana / Romero Masia, Ana
    Baia
    Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais  complementarios para a área de Cienc...
    No disponible

    39,95 €

  • María Barbeito
    Titulo del libro
    María Barbeito
    Romero Masia, Ana María
    Baia
    María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con  contexto, elaborado entre a historia...
    No disponible
  • A voz das últimas cigarreiras coruñesas
    Titulo del libro
    A voz das últimas cigarreiras coruñesas
    Romero Masiá, Ana
    Baia
    Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán.  Darlles voz directa, non falar sobre ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    31,80 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Antropología del budismo
    Titulo del libro
    Antropología del budismo
    Arnau Navarro, Juan
    Kairos
    "Antropología del budismo" es una fascinante inmersión en la conversación que viene ocurriendo en el budismo...
    No disponible
  • IMPERTINENTES
    Titulo del libro
    IMPERTINENTES
    Fullat I Genís, Octavi
    Ube
    El presente libro constituye la biografía intelectual del autor, en la  que relata cómo veintiún pensadores ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    28,00 €

  • ¿que estaran haciendo?
    Titulo del libro
    ¿que estaran haciendo?
    Perez-Lanzac Casado, Carmen
    Aguilar
    No disponible

    15,95 €

  • EBRIETAS:EL PODER DE LA BELLEZA
    Titulo del libro
    EBRIETAS:EL PODER DE LA BELLEZA
    Pirfano, Iñigo
    Encuentro
    Cuando un filósofo escribe sobre estética, el resultado constituye en no pocos casos un ejercicio de admirabl...
    No disponible
  • Lo viral
    Titulo del libro
    Lo viral
    Nº 00
    Carrión, Jorge
    Galaxia gutenberg
    ¿El siglo XXI empezó con la caída de las Torres Gemelas de Nueva York o con la entrada de un virus en el cue...
    No disponible

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Nos furados das árbores
    Titulo del libro
    Nos furados das árbores
    Nº 7
    ?pa?ková, Markéta
    Baia
    Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,85 €

  • Miña querida Sherezade
    Titulo del libro
    Miña querida Sherezade
    Nº 28
    Maceiras, Andrea
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,20 €

  • BALEAS E GOLFIÑOS
    Titulo del libro
    BALEAS E GOLFIÑOS
    Harris, Caroline
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    No disponible
  • Sanatoria
    Titulo del libro
    Sanatoria
    Grimalt, Francesc
    Baia
    No disponible
  • A casa redonda
    Titulo del libro
    A casa redonda
    Nº 2
    Carballeira, Paula
    Baia
    Baía Edicións saca ao mercado unha nova colección de contos para nenos  e nenas de educación infantil, a co...
    No disponible