Narcos

Narcos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026298
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páxinas:
352
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco)  e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste  labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que  se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez. Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Fuxidos de sona
    Titulo del libro
    Fuxidos de sona
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, ...
    No disponible

    15,50 €

  • Kid salvaxe
    Titulo del libro
    Kid salvaxe
    Nº 35
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admir...
    No disponible

    14,50 €

  • A vida do outro
    Titulo del libro
    A vida do outro
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protago...
    No disponible

    20,95 €

  • Intramundi
    Titulo del libro
    Intramundi
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensi...
    No disponible
  • Segredos de Bretaña
    Titulo del libro
    Segredos de Bretaña
    Nº 402
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o qu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • ¿Cal é a miña cor?
    Titulo del libro
    ¿Cal é a miña cor?
    Guilloppé, Antoine
    Xerais
    Pregúntome cál é a miña cor. Algúns galegos din que son un neno árabe e para os árabes son galego. ¿Ser...
    No disponible

    8,85 €

  • O can dos Baskerville
    Titulo del libro
    O can dos Baskerville
    Conan Doyle, Arthur
    Xerais
    "O can dos Baskerville" é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que  o enigma, o elemento central da histor...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €

  • A aventura das cores
    Titulo del libro
    A aventura das cores
    Blanco Blanco, Concepción
    Xerais
    Sara decidiu que limparía o sofá. Como muller precavida que era leu con atención as instruccións do bote de...
    No disponible

    9,50 €

  • Prostitución: Clientes e outros homes
    Titulo del libro
    Prostitución: Clientes e outros homes
    Gómez Suárez, Águeda;Pérez Freire, Silvia
    Xerais
    Con Prostitución: clientes e outros homes, as sociólogas da Universidade de Vigo Agueda Gómez e Silvia Pére...
    No disponible

    18,95 €

  • Lingua e literatura 3ºESO
    Titulo del libro
    Lingua e literatura 3ºESO
    Campos Villar, Xabier
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    54,12 €