O falar das fadas

O falar das fadas. lingua, música e toponimia da Galiza

Editorial:
Baia
EAN:
9788499952093
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9995-209-3
Páxinas:
214
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
170
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista,  dependentes da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, pola oportunidade brindada e por así poder participar nunha publicación que posúe unha traxectoria de máis de corenta anos (seis na era dixital desde 2010) e que na actualidade constitúe unha referencia entre os medios de información, de comunicación e de pensamento na Galiza [...].
 
 O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880)  podía servir para tamén intitular a presente escolla, a cal asenta en  tres eixos temáticos xerais: con independencia de certos artigos se centraren en asuntos como o labor do asociacionismo veciñal, a reinvindicación da figura de Alexandre Bóveda, as impresións particulares que me inspiraron determinadas vivencias etc., o certo é que a lingua, a música tradicional e os nomes de lugar do país son as cernas fundamentais do libro. Todas tres, embora pedagoxicamente poidan resultar saberes ou disciplinas doadamente delimitábeis, ilustran innúmeros puntos de confluencia, de forma que, a pesar do maior peso dos contributos focados en temas filolóxicos aquí contidos,  os consagrados a aspectos da toponimia e da música galegas conseguen harmonizar con eles ao serviren como eficaz complemento e non exclusivamente ornamental: as fadas galegas, ao falaren, fano en galego, e elas propias, cando cantan, fano tamén no noso idioma; por súa vez, as montañas, os ríos, os penedos, as fontes, os lugares, os camiños e os vales, cando se fan lingua entre nós mediante a toponimia  e cando se comunican coas fadas, tamén se exprimen en galego. Aí é onde aparece, pois, o verdadeiro falar das fadas, capaz de vincular a lingua, a música e a paisaxe transformada en millenta nomes.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • O portugués esquecido
    Titulo del libro
    O portugués esquecido
    Nº 402
    Sánchez Rei, Xosé Manuel
    Laiovento, s.l.
    Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, grama...
    No disponible
  • Xosé Manuel Seivane Rivas
    Titulo del libro
    Xosé Manuel Seivane Rivas
    Nº 4
    Manuel Sánchez Rei, Xosé
    Canela
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    37,00 €

  • Cantar na Coruña
     IBD
    Titulo del libro
    Cantar na Coruña
    Xosé Manuel Sánchez Rei
    Laiovento (ibd)
    Cantar na Coruña Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX  Laiovento comprácese en ofrecer ao...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • Por que non hei de cantar?
    Titulo del libro
    Por que non hei de cantar?
    Nº 1
    Sánchez Rei, Xosé Manuel
    Universidade coruña
    A Universidade da Coruña, con motivo do Día das Letras Galegas de 2025, quere render homenaxe a todas as mull...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,00 €

  • Modelos de lingua e compromiso
    Titulo del libro
    Modelos de lingua e compromiso
    Sánchez Rei, Xosé Manuel
    Baia
    Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma ...
    No disponible

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • As miñas primerias palabras en inglés
    Titulo del libro
    As miñas primerias palabras en inglés
    AA.VV
    Baia
    Queres aprender inglés? Este é o mellor libro para iso. En cada unha das súas páxinas podes aprender vocabu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,50 €

  • Animais de compañia
    Antigo
    Titulo del libro
    Animais de compañia
    AA.VV
    Baia
    Neste marabilloso libro interactivo, os máis pequenos espertan os sentidos tocando e escoitando os animais. ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    14,90 €

  • Mares, rios e lagos
    Titulo del libro
    Mares, rios e lagos
    Nº 2
    Chiapponi, Francesca
    Baia
    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.&nb...
    No disponible

    12,40 €

  • LUZ E SON
    Titulo del libro
    LUZ E SON
    Goldsmith, Dr.Mike
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,65 €

  • Aristoteles
    Titulo del libro
    Aristoteles
    Marcos, Alfredo
    Baia
    A obra de Aristóteles ten impresionado pola súa amplitude, profundidade e lucidez a antigos, modernos e medie...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    6,75 €