O libro das Seniguais e do único Senigual

O libro das Seniguais e do único Senigual

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653199
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9865-319-9
Páxinas:
48
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
295
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUMES

Un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe. No ano 2006 publicou en Galaxia A fin da terra. Neste libro (con reminiscencias afastadas aos Cronopios e Famas de Cortázar, tan vencellado tamén a Galicia) a autora plantea un xogo lírico dunha estrema beleza arredor dunha especie (imaxinaria ou non, velaí un dos engados do libro), as seniguais, que existen por todo o mundo pero que  teñen a súa orixe en determinadas figuras do imaxinario tradicional galego: as meigas, as bruxas, e as fadas dos bosques. Galicia aparece con moita forza no libro, ao arrancar a acción de Fisterra e ao estar protagonizada por unha nena, Isolina, de orixe galega. Concibido narrativamente dende un punto de vista circular, a historia remata volvendo de novo a Fisterra e a Galicia. A obra vén sendo unha festa lírica e de imaxinación que, ademais de contarnos todo o que cómpre saber sobre estes enigmáticos seres, critica a violencia humana e o fanatismo, polo cal nos ofrece unha pluralidade de lecturas segundo o chanzo de idade dos lectores e lectoras que se acheguen ao libro. Os cativos lerán unha historia marabillosa sobre seres marabillosos. Os adultos serán quen de ver todo o que hai por debaixo e que a autora, sutilmente, quere transmitirnos. O libro está ilustrado pola artista Leonor Beuter (unha das pintoras con máis proxección do continente americano), a toda cor, buscando tirar do prelo non só un libro fermoso senón unha obra de alta calidade literaria, artística e editorial. Nas súas ilustracións, enchoupadas do mesmo lirismo imaxinativo do texto, a artista recorre a unha técnica pictórica que lembra o punto de cruz.
 Uns seres moi especiais. Máis que un libro, unha obra de arte

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • PACK TSD1.DETECT+SORPRESA
    Titulo del libro
    PACK TSD1.DETECT+SORPRESA
    Nº 1
    Tea Stilton
    Destino infantil
    No disponible
  • TRAS LAS NOTAS DEL MISTERIO
    Titulo del libro
    TRAS LAS NOTAS DEL MISTERIO
    Nº 3
    Stilton, Tea
    Destino infantil
    Alice quiere ser amiga de Bruno, un gran pianista con el que se cruza siempre en los pasillos de la Escuela de ...
    No disponible
  • Proverbios de pernas para o ar
    Titulo del libro
    Proverbios de pernas para o ar
    Ribeíro, João Manuel
    Trinta por uma linha
    O dicionário define provérbio como ""frase, ou ditado curto, de origem  popular, que resume um conceito moral...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    6,86 €

  • Historias de Terror
    Titulo del libro
    Historias de Terror
    Nº 2
    Equipo Editorial
    Libsa
    ¿Te gustan los relatos de terror ¡Pues en este libro encontrarás las historias más pavorosas que jamás se ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    6,00 €

  • AMISTADES ANIMALES
    Titulo del libro
    AMISTADES ANIMALES
    Gallo, Ana;Quinn, Katherine
    Zahori de ideas
    La humanidad se ha relacionado estrechamente con los animales a lo largo de toda la historia. Por eso no es de ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE