Olympia ring, 1934

Olympia ring, 1934

Nº:
327
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498655445
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-544-5
Páxinas:
308
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en  1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado o Camión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atopar o seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia Ring, 1934, Xabier López López fai regresar ao carísmático xornalista, obeso e sentimental, que lectoras e lectores coñecen da novela A vida que nos mata, coa que o seu autor obtivo o Premio García Barros en 2003. Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título  mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel  Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo.
 Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato.
 Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de 1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos -con antecedentes claros na novela negra e no cinema norteamericanos- conflúen nunha ficción na que as referencias á cultura de masas comparten territorio con chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o material narrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co  autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Hora zulú
    Titulo del libro
    Hora zulú
    Lopo, Santiago
    Galaxia
    Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. A través dunha precis...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,70 €

  • Os tímpanos de Compostela
    Titulo del libro
    Os tímpanos de Compostela
    Yzquierdo Peiró, Ramón
    Galaxia
    Os tímpanos de Compostela é unha recompilación destas obras escultóricas, de grande interese -e a partir da...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,90 €

  • versos para conversar
    Titulo del libro
    versos para conversar
    Domínguez Alberte, Xoan C.
    Galaxia
    Para ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas. E para recitar e falar. Unha pequena folerpa ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,20 €

  • Mondariz Balneario
    Titulo del libro
    Mondariz Balneario
    Paredes Pardo, Alfonso
    Galaxia
    No disponible

    40,00 €

  • CAMINO DE SANTIAGO
    Titulo del libro
    CAMINO DE SANTIAGO
    Otero Pedrayo, Ramón
    Galaxia
    A recuperación do texto dese guión demostra a súa capacidade para observar os cambios producidos na sociedad...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,75 €