Os Estados e Imperios do Sol

Os Estados e Imperios do Sol

Nº:
36
Editorial:
Rinoceronte editora s.l.
EAN:
9788417388461
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-17388-46-1
Páxinas:
154
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Vétera

15,00 €

IVE incluído
Comprar

Os Estados e Imperios da Lúa -xunto con Os Estados e Imperios do Sol- conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu  percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol.
 Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de ciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica  inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma  partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxes permaneceron censurados durante máis de dous séculos.
 Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante e mordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientes alquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca. Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movemento libertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da  Revolución.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Rinoceronte editora s.l. en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE