Os montes veciñais en man común

Os montes veciñais en man común. O patrimonio silente. Natureza, economía, identidade e democracia na Galicia rur

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824446
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-444-6
Páxinas:
520
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

25,60 €

IVE incluído

Os montes veciñais en man común constitúen ao redor de 3.000 unidades produtivas comunitarias que ocupan en torno ás 700.000 hectáreas da superficie de Galicia. Ao longo da segunda metade do século pasado experimentaron varios réximes institucionais, ata que a partir de 1968  comezou un proceso de devolución da propiedade do monte ás comunidades de veciños, proceso que se foi consolidando coa lei 13/1989 do Parlamento de Galicia, instituíndo un réxime legal vixente até a actualidade. Coa devolución das superficies comunais aos seus lexítimos propietarios agardábase non só outorgar a estes un recoñecemento moral e político, senón tamén facilitar a mobilización produtiva das terras a monte e o desenvolvemento das áreas en que os montes veciñais teñen maior presenza. Estas expectativas están lonxe de ser colmadas, a día de hoxe. Por que estes activos físicos susceptibles de ser mobilizados produtivamente non suscitan a autoorganización das comunidades. Este libro, preparado polo Grupo dos Comúns, formado por un equipo multidisciplinar de economistas e historiadores do IDEGA da Univ. de de Santiago, recolle unha investigación exhaustiva sobre o problema converténdose nunha ferramenta imprescindible para o coñecemento da situación actual dos montes veciñais e das comunidades de montes en Galicia. Así, na primeira pare, A propiedade veciñal na historia, presenta a súa evolución desde o momento anterior á implantación do réxime liberal até os nosos días, atendendo non só á configuración legal e ás funcións do monte no sistema agrario. Na segunda, A situación actual dos montes veciñais, aborda plural realidade presente  de montes e comunidades, afrontando unha avaliación das relacións entre ambos, á luz dos resultados económicos e ambientais. Por último,  na terceira, Os determinantes da situación actual, estuda o impacto dos montes veciñais sobre o desenvolvemento rural partindo da súa diversidade e analizando o impacto das dinámicas do mercado e das políticas públicas.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Unha estrela no vento
    Titulo del libro
    Unha estrela no vento
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezase...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • A gardería de dona Bixelmina
    Titulo del libro
    A gardería de dona Bixelmina
    Fernández Serrano, Jacobo
    Xerais
    Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domado...
    No disponible

    9,95 €

  • Libro das contrarias
    Titulo del libro
    Libro das contrarias
    Agra, Agustín
    Xerais
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,95 €

  • (G).(08).BIOLOXIA XEOLOXIA 4O.ESO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).BIOLOXIA XEOLOXIA 4O.ESO (XERAIS)
    Panadero Cuartero, Juan Eduardo / Lozano Montero, Aurora / Olazábal Flórez, Antonio / Fuente Flórez, Rosar
    Xerais
    No disponible

    35,97 €

  • Racionalismo político e literario
    Titulo del libro
    Racionalismo político e literario
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na c...
    No disponible

    14,50 €