República sideral

República sideral

Nº:
17
Editorial:
Baia
EAN:
9788499953700
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-9995-370-0
Páxinas:
72
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
146
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Barriga Verde

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
 O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles ?con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo? e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para  propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.
 Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra ?con mocadas e pelexas sen escrúpulos.
 
 No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:
 «Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra ?tan deostada nos nosos tempos? antóllasenos de grande axuda para este cometido.
 
 Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa  interxeracional tras a caída do pano.
 Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao  servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar  de semellares tan farsescas. Isto ?por suposto? deberá de ser un estupendo motor de reflexión».

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Miguel Strogoff
    Titulo del libro
    Miguel Strogoff
    Verne, Julio
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,90 €

  • XelArias. Palabra á intemperie
    Titulo del libro
    XelArias. Palabra á intemperie
    Pedreira Lombardía, Emma
    Baia
    Que é unha poeta? Como nace? Como é no colexio, na casa, na vida?  A través dunha conversa a tres banda...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,35 €

  • O home do saco
    Titulo del libro
    O home do saco
    Lluch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible

    6,75 €

  • Tres mulleres de armas tomar
    Titulo del libro
    Tres mulleres de armas tomar
    Domínguez Touriño, G. / Estévez Salazar, F.
    Baia
    'Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castaña e María Soliña Este libro é unha es...
    No disponible

    15,00 €

  • A MEIGA CHUCHONA
    Titulo del libro
    A MEIGA CHUCHONA
    Paz Limia, Jacobo / Tomás, Xosé
    Baia
    Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? ...
    No disponible