Rosalía de Castro. Antoloxía

Rosalía de Castro. Antoloxía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820721
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-9782-072-1
Páxinas:
136
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

31,50 €

IVE incluído

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade. O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de  Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. Méndez Ferrín, e organizada arredor de sete ámbitos  temáticos: Así en "Terras de Rosalía", incluíronse os poemas centrados na paisaxe e nas terras que máis e máis intensas páxinas encheron na obra da autora. "Santos, campás e pecados" é o título que pretende recoller un conxunto de poemas certamente variados pero que, dalgún xeito, remiten ao feito relixioso, formal ou intimamente, e en moitos deles á transgresión dos seus preceptos. En "Festas e fames" danse cabida a outro dos aspectos emblemáticos da obra da nosa autora que tamén cadra cun dos ideoloxemas do Rexurdimento: o compromiso social cos miserábeis. Logo, incluíronse dúas elexías, a célebre dedicada a Sir John Moore e a menos coñecida dedicada a Inés de Castro  e a Luís de Camoes, na que a nosa autora se desenvolve á perfección manexando os respectivos trasfondos líricos, históricos e políticos. En "Sombras e soidades" ilústrase a voz poética rosaliana máis intimista, máis espida, e por veces dramaticamente esgazada e estarrecente, senlleira na poesía europea decimonónica. En "Verba de muller" recóllense uns cantos poemas nos que a autora pon os ollos na situación especialmente dependente da muller no plano socio-político e  mesmo no literario. Por último, en "Pola dignidade nacional", antológanse un conxunto de poemas nos que a nosa autora denuncia a situación social de miseria e emigración que padece Galicia acompañada, por veces, do canto nacional no que non faltan as críticas  á situación política de desleixo e dependencia con respecto a España.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • ANTOLOGIA POETICA
    Antigo
    Titulo del libro
    ANTOLOGIA POETICA
    Nº 17
    CASTRO, ROSALIA DE
    Pearson alhambra
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Contos da miña terra
    Titulo del libro
    Contos da miña terra
    De Castro, Rosalia
    Fundacion rosalia de castro
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    4,00 €

  • El caballero de las botas azules
    Titulo del libro
    El caballero de las botas azules
    Castro, Rosalía de
    Catedra
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,95 €

  • Follas novas
    Titulo del libro
    Follas novas
    de Castro, Rosalía
    Galaxia
    Crítica social e intimismo conviven nos poemas de Follas novas. Uns abordan cuestións como o paso do tempo, a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,35 €

  • HIJA DEL MAR, LA
    Antigo
    Titulo del libro
    HIJA DEL MAR, LA
    CASTRO, ROSALIA DE
    Gali
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE