TEMPO DE CREPUSCULO/NARRATIVA
Antigo

TEMPO DE CREPUSCULO/NARRATIVA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077321
Materia
VIAXES E MAPAS
ISBN:
978-84-7507-732-1
Páxinas:
169
lingua:
CASTELLANO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
EDICION LITERARIA

11,00 €

IVE incluído
Comprar

A vida dun funcionario gris cambia brutalmente a consecuencia da explosión dun paquete bomba que o deixa cego e paralítico. A partir desta circunstancia, Fernández Naval propón unha viaxe polas gándaras da memoria, proceso no que se mestura a recuperación do pasado para seguir vivindo, e mais a procura dunha frase, un aceno, unha pegada no  recordo, que lle permita saber ó protagonista quen e por que decidiu atentar contra el.A novela transcorre así en vintesete capítulos, nove  días nos que o protagonista vai refacendo vellas vivencias e sensacións -o amor imposible cunha compañeira de traballo, o ambiente malsán na oficina, a infancia nunca esquecida-, e ó tempo modificando o seu xeito de pensar e a súa percepción da realidade. Unha única paisaxe, a da habitación que xa non pode ver, salferida das outras moitas paisaxes que aínda lembra, o quentor do sol, as infusións da monxa que o deita, os ruídos que lle chegan do exterior e do propio edificio no que habita, constitúen a totalidade de estímulos que percibe; e logo está o medo, representado na constancia dunha chamada anónima que conturba a casa cada madrugada.A voz do protagonista e a do narrador mestúranse con frecuencia ó longo dos capítulos. O monólogo interior, só ás veces interrompido por breves e intencionados  diálogos, é a base do discurso.Tempo de crepúsculo, título dunha vella canción dos Platers vencellada ó pasado do protagonista, pretende principalmente contar unha historia e ó tempo conectar co que  de esencial e orixinario ten a novela, o EU, o individuo como eixo e fin da narración.Hai unha certa homenaxe á Ventana indiscreta de Alfred Hitchcock, só que aquí afiestra non se abre ó exterior, mira para adentro, ó cerne mesmo do protagonista, ó lugar de onde provén a fortaleza que nos salva e a debilidade que nos vence.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • ALMA E O MAR
    Titulo del libro
    ALMA E O MAR
    Fernández Naval, Francisco X.
    Galaxia
    Alma e o mar que cura as súas feridas impronunciables. Alma que podería ser calquera muller que día a día s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,40 €

  • Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro
    Titulo del libro
    Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro
    Francisco Xavier Fernández Naval
    Everest
    ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, decide envialo a Istanbul para investigar a desaparic...
    No disponible

    9,50 €

  • No corazón da Fraga
    Titulo del libro
    No corazón da Fraga
    Francisco Xavier Fernández Naval
    Everest
    No corazón da fraga dormen os soños dos animais e os dos seres invisibles que, cansos de vagar, veñen descan...
    No disponible

    9,95 €

  • Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
    Titulo del libro
    Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
    Francisco Xavier Fernández Naval
    Everest
    No disponible

    7,75 €

  • Días de cera
    Titulo del libro
    Días de cera
    Fernández Naval, Francisco Xosé
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Días de desterro
    Titulo del libro
    Días de desterro
    López Rodríguez, Xavier
    Xerais
    No disponible

    10,10 €

  • De boa tinta
    Titulo del libro
    De boa tinta
    García López, José Ángel
    Xerais
    Este libro, preparado polo profesor José Angel García López, ten un dobre obxectivo: por unha banda, reflict...
    No disponible

    15,80 €

  • Axenda semanario 2006
    Titulo del libro
    Axenda semanario 2006
     
    Xerais
    No disponible

    11,37 €

  • O autómata
    Titulo del libro
    O autómata
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €

  • Aire negro
    Titulo del libro
    Aire negro
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Cando o doutor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátirca, ten como primeira paciente a Laura Novo,...
    No disponible

    11,35 €