Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida
 IBD

Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874751
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8487-475-1
Páxinas:
214
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
TEATRO

17,95 €

IVE incluído
Comprar

Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.
Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.
Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d' Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, "a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos".
En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.
"Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio..., nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente" (X. M. Eyré).
"Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica... Unha auténtica bomba de reloxería... Todo un pracer lector do que non convén privarse" (Armando Requeixo).

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Retratos en fite
     IBD
    Titulo del libro
    Retratos en fite
    Xosé Manuel Beiras Torrado
    Laiovento (ibd)
    "Este volume que rotulei como Retratos en fite -nunha chiscadela aos deliciosos Retratos de esguello do ademira...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Libertade para o galego
     IBD
    Titulo del libro
    Libertade para o galego
    Nº 447
    Maceira Eiras, Marcos
    Laiovento (ibd)
    Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Loaira
     IBD
    Titulo del libro
    Loaira
    Anxo A. Rei Ballesteros
    Laiovento (ibd)
    Laiovento orgúllase en publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX., novela radicalmente polí...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
     IBD
    Titulo del libro
    A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
    Leticia Eirín García
    Laiovento (ibd)
    A visión do amorno cancioneiro de Don DenisEstudo e edición de  33 cantigas de amor.Este libro parte dun corp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €

  • Desobediencia civil: unha estratexia para a resistencia e a
     IBD
    Titulo del libro
    Desobediencia civil: unha estratexia para a resistencia e a
    Herique del Bosque Zapata
    Laiovento (ibd)
    As grandes promesas da modernidade non se cumpriron. A promesa de igualdade fica nunha ficción perante as enor...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,95 €