Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Ano de edición:
Materia
CADERNOS DE VACACI?NS
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páxinas:
58
lingua:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VACACIONS

14,50 €

IVE incluído

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • (03).TRASNOSMAXICOS 5 ANOS-3º.TRIMESTRE
    Titulo del libro
    (03).TRASNOSMAXICOS 5 ANOS-3º.TRIMESTRE
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    21,75 €

  • Proxecto Interésame. A terra. 4 anos
    Titulo del libro
    Proxecto Interésame. A terra. 4 anos
    Anguiano Jabato, Laura / Caro Roldán, Raquel
    Xerais
    No disponible

    21,00 €

  • íQue paisaxe!
    Titulo del libro
    íQue paisaxe!
    Duran, Teresa
    Xerais
    Paco Pérez pinta cada día unha paisaxe: a praia, o bosque, as montañas... Pero, ¿por que lles pon uns títu...
    No disponible

    6,60 €

  • Centoonce
    Titulo del libro
    Centoonce
    Neves, Kiko
    Xerais
    Centoonce, un e un e mais outro un. A monotonía dunha vida covarde. Un  poeta arrodeado das súas máis triste...
    No disponible

    15,95 €

  • A viaxe do Ser
    Titulo del libro
    A viaxe do Ser
    Pérez de Lis Álvarez, Manuel
    Xerais
    O viaxeiro, provisto apenas dunha mochila liviá, un gorro e un vello piolet, realizará a subida polo leito do...
    No disponible

    12,30 €