Vista Chinesa

Vista Chinesa

Nº:
03
Editorial:
Xerais
EAN:
9788411107174
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-11-10717-4
Páxinas:
128
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
155
Alto:
230
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

16,50 €

IVE incluído
Comprar

No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil e a cidade estase preparando para a acollida dos Xogos Olímpicos en 2016. Nese momento en que semella que prevalece a sensación dun tempo de esperanza, de autoestima e de felicidade social, Júlia, arquitecta, é vítima dunha brutal violación nun miradoiro do Río coñecido como Vista Chinesa. A protagonista, con intención de explicarlles á súa filla e ao seu fillo esta terrible situación vivida, crea un relato onde o tratamento  do feito traumático está narrado cunha extremada delicadeza, poñendo o acento non tanto no atroz acto da propia violación como nas súas consecuencias, na profundidade da dor, nas súas dificultades por racionalizar o noxo que sente tras ser violada, no humillante e inxusto sentimento de culpa, na reacción das persoas máis próximas e tamén no trato desleixado por parte da Policía. Baseándose en feitos reais, Tatiana Salem Levy ofrécenos en «Vista Chinesa» unha excelente novela de sensibilidade e óptica feminista que  dá voz a unha supervivente da violencia sexual. Unha obra ousada e audaz escrita cunha forza sobrecolledora.

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE