VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
 IBD

VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874225
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-422-5
Páxinas:
272
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

19,00 €

IVE incluído
Comprar

VIXIADOS
Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939)

O caso galego resulta de singular importancia  para abordar os mecanismos de control social tras o verán de 1936. O control das provincias galegas polos militares sublevados poucos días despois do golpe militar do 20 de xullo dotou este territorio -e esta sociedade- dunha especial singularidade. Porque o golpe non rematou en  poucas horas como tiñan previsto na planificación inicial, nin tan sequera en poucas xornadas coa carreira desesperada pola toma de Madrid... Durou mil días, case tres anos. Neste tempo de conflito bélico, Galiza converteuse nun laboratorio para facer medrar un novo modelo político.
Os traballos que conforman este libro están elaborados a partir da documentación galega que sobre o tema se conserva nos arquivos do Estado. A obtención e recollida de información tivo un papel determinante na construción do 'Novo Estado' e do mesmo réxime franquista. Toda a sociedade tiña que estar  baixo sospeita.
A autoconciencia de formar parte desta engrenaxe social, auspiciada e fomentada dende as altas instancias, foi fundamental para entender un xeito de funcionamento tan prolongado no tempo. Cadaquén tiña o seu papel nesta nova sociedade. O modelo non podía ser cuestionado, porque non había outro, non había alternativa.
Téñense escrito moitas liñas sobre o franquismo, mais o propósito que anima este traballo que tedes entre as mans e tentar explicar as orixes do mesmo e responder preguntas como: por que?, como?ou de que xeito?

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
     IBD
    Titulo del libro
    MIGUEL GONZALEZ GARCES, MINEIRO DE LUZ
    XULIO L. VALCARCEL
    Laiovento (ibd)
    Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudosobre  a vida e a obra de Miguel González Garc...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,96 €

  • A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
     IBD
    Titulo del libro
    A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
    Rosa Mª Regueiro Ferreira
    Laiovento (ibd)
    A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO O desenvolvemento do sector eólico en  Galiza (1995-2011)Neste libro, a autora an...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,00 €

  • Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
     IBD
    Titulo del libro
    Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
    Salvador Francisco Roel
    Laiovento (ibd)
    O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado n...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,50 €

  • RETRATO DO COLONIZADO
     IBD
    Titulo del libro
    RETRATO DO COLONIZADO
    Albert Memmi
    Laiovento (ibd)
    RETRATO DO COLONIZADO precedido do RETRATO DO COLONIZADORA Editorial Laiovento honra-se em dar a conhecer, em g...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • AS INXUSTIZAS DO CASÓN
     IBD
    Titulo del libro
    AS INXUSTIZAS DO CASÓN
    Tamara García
    Laiovento (ibd)
    ?E un relato fascinante, escrito con sinxeleza e frescor, que arrecende a salseiro do mar. Coa axilidade da cr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €