Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páxinas:
224
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

18,45 €

IVE incluído

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • As donas do vento
    Titulo del libro
    As donas do vento
    de Vivero, Xurxo
    Xerais
    Elas son as donas do vento, e este é o primeiro libro adicado ás rapaces de Galicia.O naturalista novato serv...
    No disponible

    23,60 €

  • Descat/axenda dietario 2010
    Titulo del libro
    Descat/axenda dietario 2010
     
    Xerais
    No disponible

    16,04 €

  • Cadencias
    Titulo del libro
    Cadencias
    Portas, Manuel
    Xerais
    Moitas veces, case sempre, as cousas non son o que parecen. Hai matices, recendos, sombras, que condicionan a v...
    No disponible
  • Como soa
    Antigo
    Titulo del libro
    Como soa
    Pellicer Sòria, María Dolors
    Xerais
    O pai de Pepa quedou medio xordo por causa dunha catarreira mal curada. Hoxe van de visita ó médico. A n...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,80 €

  • Aires da miña terra
    Titulo del libro
    Aires da miña terra
    Curros Enríquez, Manuel
    Xerais
    Manuel Curros Enríquez (1851-1908) é a grande voz civil do XIX, figura  sobranceira do Rexurdimento, e Aires ...
    No disponible

    12,50 €