Xornalistas con opinión 2. Vinte biografías

Xornalistas con opinión 2. Vinte biografías

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653380
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-9865-338-0
Páxinas:
388
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ENSAIO

No primeiro volume de Xornalistas con opinión recollíanse autores dos séculos XIX e XX. Nesta nova xeira (outras vinte biografías) amplíase a mostra utilizando os mesmos criterios da anterior: autores e autoras  que, a través das páxinas dos xornais, entraron no debate do seu tempo, uns máis próximos á creación literaria, outros máis orientados ao discurso xornalístico propiamente dito, mais todos eles comprometidos dun xeito ou doutro coa construción da modernidade. Un equipo de especialistas, coordinados pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, abordan o estudo de vinte personalidades do xornalismo galego, dende Diego Antonio Cernadas, o cura de Fruíme, ata contemporáneos como Domingo Quiroga. Vinte autores, entre os cales  se encontran Castelao, Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Dieste e Blanco  Amor, incluíndo os textos especialmente reveladores de Rosalía de Castro.
 Vinte biografías de escritores e escritoras que chegaron ao xornalismo  a través da creación literaria e configuran a crónica apaixonada e lúcida do que arestora somos.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE