MILAGRE DA TERRA

MILAGRE DA TERRA. Flora silvestre

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526501
Ano de edición:
Materia
NATUREZA
ISBN:
978-84-96526-50-1
Páxinas:
128
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

11,06 €

IVE incluído
Comprar

A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.
 
 Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.
 
 Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante para todas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplares retratados nos campos máis próximos aos seus fogares.
 
 No texto fálase das características importantes ou curiosidades dalgunhas plantas, das crenzas populares de outras, dos lugares onde é  frecuente atopalas por ser o seu hábitat ou da función que exercen na  natureza. Tamén se suxiren as formas de aproveitalas, facendo relación á similitude cos obxectos comúns da vida cotiá e destacando as características polas que deben ser admiradas.
 
 Sendo un traballo esencialmente fotográfico, como tal foi realizado, hai que valorar o contido botánico que encerra.
 
 Se nas guías de plantas as descricións deben ir acompañadas dunha ilustración que mostre de maneira nítida as partes e os detalles de cada unha das especies, estas fotografías cumpren perfectamente ese cometido.
 
 (Prólogo do libro a cargo de Henrique Niño Ricoi)

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Entre o ceo e o mar
    Titulo del libro
    Entre o ceo e o mar
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A ...
    No disponible
  • Ananiños do bosque
    Titulo del libro
    Ananiños do bosque
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,06 €

  • Terra e nostalxia Galicia rural.
    Titulo del libro
    Terra e nostalxia Galicia rural.
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso pro...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,06 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE