Terra e nostalxia Galicia rural.

Terra e nostalxia Galicia rural.

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526518
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-96526-51-8
Páxinas:
128
lingua:
CASTELLANO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
ILUSTRADOS

11,06 €

IVE incluído
Comprar

Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, resistiu e nos fixo posibles. Fito e referente de futuro.
 
 
 
 Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como se abriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestático e intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente  convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo, para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista. Certo é que á natureza non podemos mellorala, pero si respectala. Cousa que os de antes tentaban, devotamente nela poñían aos deuses e ás deusas.
 
 
 
 Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e  nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida. (...)
 
 
 
 Como recomendación para a viaxe de internarnos no escenario do Nós, cómpre repetir as teimas do sabio don Ramón Otero Pedrayo: andar polo mundo coa mochila do saber sentir, de "enxergar" con todos os sentidos  postos o "devalar", ese permanente devir heraclitiano: todo cambia, nós tamén e sempre entre esas rodas que enredan en bucles de espirais pasado e presente. Soamente poñendo todos os sentidos no seu sitio, tamén os da intuición poderemos introducirnos nunha especie de viaxe iniciática, de "Xogo da Oca", entre paisaxes e paisanaxes, para esvaecer brétemas e sombras, para recoñecer vellos camiños e sentirnos  parte animista, panteísta dese devalar: vieiro, congostra que serpea polos ermos, entre as espesas fragas, atravesando por pontes antigos ríos que sempre van ao océano da Atlántida... vellos camiños, feitos polos pés dos camiñantes, vixiados por mosteiros, ermidas ou castelos.  (...)
 
 
 
 Nese andar pola vida temos comprobado, como é xente de fóra a que mellor recoñece e nos fai ver, enxergar, partes do Nós. Eles, como se de magos se tratara, introdúcennos naquilo que non nos prestamos a entender, a pesares de ser parte nosa. Namentres nos perdemos noutras alleantes e alineantes mimeses. Este é o caso de Gwendolyn Luo, ela que vén das casas do sol nacente, acende aquí, nos pétreos altares do solpor, en nós, conciencias alampeantes. (...)
 
 
 
 (...)
 
 
 
 Nós somos e seremos parte diso, e aquí, neste principio e fin, antes, agora e futuro, atopámonos. Un xeito de sacerdotisa do extremo oriente, coa súa cámara, fíxonos entender mellor o noso extremo occidente.
 
 
 
 (extraído do Prólogo realizado por Felipe-Senén López Gómez)

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Entre o ceo e o mar
    Titulo del libro
    Entre o ceo e o mar
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A ...
    No disponible
  • Ananiños do bosque
    Titulo del libro
    Ananiños do bosque
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,06 €

  • MILAGRE DA TERRA
    Titulo del libro
    MILAGRE DA TERRA
    Gwendolyn, Luo
    Baia
    A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve te...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,06 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Confusión e morte de María Balteira
    Titulo del libro
    Confusión e morte de María Balteira
    Campo, Marica
    Baia
    Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porqu...
    No disponible
  • Meigallo_98h
    Titulo del libro
    Meigallo_98h
    Nº 41
    Regueiro Digón, María Concepción
    Baia
    As cousas prometíanse felices. Cambiar ao instituto Vicencio non tiña por que ser tan malo como semellaba ao ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,00 €

  • Xurxiño quere ser...
    Titulo del libro
    Xurxiño quere ser...
    Vázquez Freire, Miguel
    Baia
    Todo o mundo lle pregunta a Xurxiño que quere ser de maior. E todo o mundo dá unha resposta antes de escoitar...
    No disponible
  • A xacia Luviñas
    Titulo del libro
    A xacia Luviñas
    Moure Mosquera, Anxo
    Baia
    A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena,...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,40 €

  • A horta sen Químicos
    Titulo del libro
    A horta sen Químicos
    Nº 26
    Pouliquen, Xan
    Baia
    Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, pa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,85 €